martes, 22 de novembro de 2016

Formación dos responsables da biblioteca

Máis de dous mil docentes , que forman parte dos equipos de bibliotecas de centros de ensino galegos, reuníronse para falar, ecoitar e compartir experiencias en torno ás bibliotecas escolares e a súa función no século XXI. Foron moitas e moi interesantes as conferencias e as mesas de experiencias que invitaron a reflexionar sobre o lema do curso:" Biblioteca escolar : Territorio das
Artes"



mércores, 16 de novembro de 2016

Relatos de terror

Co motivo do Samaín , propuxemos dende a biblioteca , que os nenos e nenas ecribiran e leran os seus relatos de terror. Noraboa a todos estes maravillosos escritores pola súa participación e interese. Aquí vos deixamos unha mostra ......